Publicacións

Imaxe
 Domingo XXII do Tempo Ordinario   E hoxe, que deus me poño? Un que non me desentone    A cultura do consumo e da adoración polo cambio pasou das cousas ás persoas e incluso a Deus.  De xeito que imos escollendo o rostro de Deus que combine coas opcións de vida que vou tomando en cada momento. Pero o Deus de Xesucristo non fai concesións nin aos máis próximos. Pedro quere que Xesús covírtase no Deus de Operación Triunfo. Polo que Xesús dille: "Arreda de min, Satanás. Pois tis miras como os homes e non coma Deus"   Señor escollíchesme para ser dos teus. Puxeches os ollos en min. E chamáchesme polo meu nome. Pero non pra buscar os meus "Gústame" (like's) Senon os meus "ámote" (love's) Que saiba aceptarte como Ti es, sen manipularte  nin reducirte a un boneco de feira ou a un ídolo morto,  aínda que sexa un ídolo con aspecto cristián.  
Imaxe
  Iniciamos un curso Pastoral. Con inseguridade, con incertezas, e non sabendo que vai pasar dentro de 15 días. Polo que hoxe e sempre a nivel pastoral facémonos a seguinte pregunta: "Que temos que facer?" E o centro somos nós, unha Igrexa autorreferenciada e mirándonos o embigo. Ansiosos e obsesionados pola eficacia e polo éxito humano. E andamos como polo sen cabeza inflando como un sapo as nosas programacións para ter sensación de fidelidade ao Reino. E asemade caemos nun activismo que nos desgasta e cabrea. Pero se temos a capacidade de sair un pouco deste activismo pasamos a pregunta: “Quen temos que ser?” E saímos do activismo, pero seguimos na autoreferencialidade, e no protagonismo humano, como Narciso complacéndose de verse tan fermoso. Ou cangando sobre nós en illamento e soidade o peso da nosa tarefa. Como un Sísifo que cando cre que chegou todo volve abaixo. Pero a pregunta importante fásnola Ti. “Quen es Ti para min? Non se trata de respostar primeiro, que teño q...
Imaxe
Ao relente do Evanxeo Quero contigo María contar e cantar a obra de Deus,  nesta arxila que son e nos pequenos e nos humildes. Faime estar na barreira* para descubrir  as sementes de Reino que hai no barro. Quero contigo María non subir a Deus ao ceo, senon baixalo á Terra e crer Naquel que  dálle  volta á Historia. Carlos González, Pbro. *.- Lugar onde, na zona de Xunqueira de Espanedo, Niñodaguía, e arredores os oleiros extraían o barro para as olas.
Imaxe
Ao relente do evanxeo Fidelidade e compromiso no matrimonio,  fidelidade en compromiso no celibato. Nesta sociedade líquida, onde todo é cambiable,  construír cada dia un vencello estable, e con ledicia,  é ser signo dun amor que sobrepásanos.  O amor do crucificado, o Señor da Cruz.   En Ti confio, Señor. Carlos González Prieto, Pbro AVISO PREVIO A UNOS MUCHACHOS QUE ASPIRAN A SER CÉLIBES Será una paz armada, compañeros, será toda la vida esta batalla; que el cráter de la carne sólo calla cuando la muerte acalla sus braseros. Sin lumbre en el hogar y el sueño mudo, sin hijos las rodillas y la boca, a veces sentiréis que el hielo os toca, la soledad os besará a menudo. No es que dejéis el corazón sin bodas. Habréis de amarlo todo, todos, todas, discípulos de Aquel que amó primero. Perdida por ...
Imaxe
DOMUND 2015 MISIONEIROS DA MISERICORDIA AS OBRAS DE MISERICORDIA  
Imaxe
Mensaxe do Santo Padre Francisco Coresma 2015 Enfortecede os vosos corazóns (Stgo, 5, 8) Ligazón para a mensaxe   Preme aquí   Resumimos a continuación as ideas principais do texto nas súas tres pasaxes para "non" ser "indiferentes":   A.- "Se un membro sofre, todos sofren con el" (1 Co 12,26) - A Igrexa 1. "O cristián é aquel que permite que Deus o revista da súa bondade e misericordia, que o revista de Cristo, para chegar a ser como Él , servo de Deus e dos homes,".   2. "A Coresma é un tempo propicio para deixarnos servir por Cristo e así chegar a ser como Él . Isto sucede cando recibimos a Eucaristía, onde nos convertemos no que recibimos: o corpo de Cristo. Nel non hai lugar para a indiferenza".   3. "A Igrexa é communio sanctorum porque nela participan os santos, pero á súa vez porque é comuñón de cousas santas: o amor de Deus que se nos revelou en Cristo e todos os seus dons". ...
Imaxe
A que esperamos para cambiar o mundo? Sabes que unha das causas da pobreza é a guerra como negocio. Informe de Bancaarmada.org y Justicia e Pau  Listas dos bancos españois que financian empresas de armas.  Para saber máis e mirar se está o teu banco ou aseguradora. http://centredelas.org/images/stories/informes/informe20_cas.pdf  Algunhas desas armas están incluso prohibidas polos acordos internacionais, como bombas de acio e minas antipersoa. Sabes que o Banco Sabadell no 2014 financiou a unha empresa de USA con case 2.000 millóns de dólares? (E témolo por veciño!!! Se fose unha familia de xitanos poríamos o grito no ceo)  Banco Que Sabes dell Pregúntalle ao teu banco: Que fan co meu diñeiro mentres eu durmo?  O meu diñeiro traballa para o mundo no que creo, o que quero, e o que lle quero deixar aos meus fillos? Se ti vas hoxe a un banco e pides diñeiro, pídenche ata un chequeo médico. Queren saber para que é, e que vas ...