Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2014
Imaxe
Que ven a Luz, Cristo-Xesús Prepárate para acollela acende a túa vida Abre os ollos Aquece o corazón   E preséntamosvos a "CANDELA" a amiga que nos vai axudar a por a Luz de Deus na nosa vida, na nosa familia, no noso barrio, na nosa aldea, no noso mundo. Hoxe está así  
Imaxe
          Domingo de Cristo Rei                Fermoso vídeo cunha música agradable de fonso co texto do Evanxeo do Domingo para ler Este vídeo que va a continuación é a provocadora canción de Luís Guitarra, "Alégrense preocúpense", que nos invita a pensar de que lado estamos. E nos fondo se escollemos o lado equivocado teremos que preocuparno e se collemos o lado dos débiles debemos encherno de gozo, o Gozo do Reino. De entrar no seu Reino. Lectio Divina XESÚS CRISTO REI DO UNIVERSO  (23. XI. 2014: Ciclo A) Por Manuel Cabada Castro             Con esta celebración de Xesús Cristo Rei do Universo estamos a finalizar o ano litúrxico. Xa no próximo domingo comeza, co tempo do Advento, unha nova andaina, o novo ano litúrxico.             E remata este tempo eclesial cunha festa englobante, universalizadora: Xesús, Rei do universo. É dicir: rei de toda a creación, da que nós formamos parte. Un universo que se estende, quizais infinitamente, cara a arriba
Imaxe
TÓMATE UN MOMENTO PARA CONTESTAR. É DE AXUDA PARA TODOS. SÓ CHE LEVARÁ UN MINUTO. Dende o grupo de Caritas parroquial estamos tratando de facer algunha actividade que nos axude a coñecernos entre os que formamos a sociedade que vivimos no ámbito da parroquia. Coidamos que é un servicio de amor duns para con outros o crear lazos de relación entre nós. Por iso lanzamos esta enquisa para ver que vos interesaría. Na dereita da páxina principal podes ver a enquisa. Só podes marcar unha opción.