Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2020
Imaxe
  Iniciamos un curso Pastoral. Con inseguridade, con incertezas, e non sabendo que vai pasar dentro de 15 días. Polo que hoxe e sempre a nivel pastoral facémonos a seguinte pregunta: "Que temos que facer?" E o centro somos nós, unha Igrexa autorreferenciada e mirándonos o embigo. Ansiosos e obsesionados pola eficacia e polo éxito humano. E andamos como polo sen cabeza inflando como un sapo as nosas programacións para ter sensación de fidelidade ao Reino. E asemade caemos nun activismo que nos desgasta e cabrea. Pero se temos a capacidade de sair un pouco deste activismo pasamos a pregunta: “Quen temos que ser?” E saímos do activismo, pero seguimos na autoreferencialidade, e no protagonismo humano, como Narciso complacéndose de verse tan fermoso. Ou cangando sobre nós en illamento e soidade o peso da nosa tarefa. Como un Sísifo que cando cre que chegou todo volve abaixo. Pero a pregunta importante fásnola Ti. “Quen es Ti para min? Non se trata de respostar primeiro, que teño q
Imaxe
Ao relente do Evanxeo Quero contigo María contar e cantar a obra de Deus,  nesta arxila que son e nos pequenos e nos humildes. Faime estar na barreira* para descubrir  as sementes de Reino que hai no barro. Quero contigo María non subir a Deus ao ceo, senon baixalo á Terra e crer Naquel que  dálle  volta á Historia. Carlos González, Pbro. *.- Lugar onde, na zona de Xunqueira de Espanedo, Niñodaguía, e arredores os oleiros extraían o barro para as olas.
Imaxe
Ao relente do evanxeo Fidelidade e compromiso no matrimonio,  fidelidade en compromiso no celibato. Nesta sociedade líquida, onde todo é cambiable,  construír cada dia un vencello estable, e con ledicia,  é ser signo dun amor que sobrepásanos.  O amor do crucificado, o Señor da Cruz.   En Ti confio, Señor. Carlos González Prieto, Pbro AVISO PREVIO A UNOS MUCHACHOS QUE ASPIRAN A SER CÉLIBES Será una paz armada, compañeros, será toda la vida esta batalla; que el cráter de la carne sólo calla cuando la muerte acalla sus braseros. Sin lumbre en el hogar y el sueño mudo, sin hijos las rodillas y la boca, a veces sentiréis que el hielo os toca, la soledad os besará a menudo. No es que dejéis el corazón sin bodas. Habréis de amarlo todo, todos, todas, discípulos de Aquel que amó primero. Perdida por el Reino y conq