No hay ninguna descripción de la foto disponible.

Iniciamos un curso Pastoral.
Con inseguridade, con incertezas, e non sabendo que vai pasar dentro de 15 días.
Polo que hoxe e sempre a nivel pastoral facémonos a seguinte pregunta:
"Que temos que facer?"
E o centro somos nós, unha Igrexa autorreferenciada e mirándonos o embigo. Ansiosos e obsesionados pola eficacia e polo éxito humano.
E andamos como polo sen cabeza inflando como un sapo as nosas programacións para ter sensación de fidelidade ao Reino.
E asemade caemos nun activismo que nos desgasta e cabrea.
Pero se temos a capacidade de sair un pouco deste activismo pasamos a pregunta:
“Quen temos que ser?”
E saímos do activismo, pero seguimos na autoreferencialidade, e no protagonismo humano, como Narciso complacéndose de verse tan fermoso. Ou cangando sobre nós en illamento e soidade o peso da nosa tarefa. Como un Sísifo que cando cre que chegou todo volve abaixo.
Pero a pregunta importante fásnola Ti.
“Quen es Ti para min?
Non se trata de respostar primeiro, que teño q”ue facer” ou “que teño que ser”, senon “Quen es Ti para min”
Así poderemos saír do noso protagonismo narcisista, (Como Chul Han describe en Sociedad de la Transparencia, Herder, onde fala que esta necesidade de mostrar todo aquello que facemos é pronográfico. Así vivimos nunha cultura que sustituíu a seducción pola pornografía. Non só sexual, senon en todos os ámbitos humanos)
Liberarnos do activismo que nos desgasta (Como Chul Han describe en Sociedad del Cansancio, Herder) Somos escravos de nós mesmos. Non hai liberación posible, porque esta carreira á rendibilidade lévanos a levar en nós o Escravo e o escravista)
E dedendendo da experiencia que teña vivido de Xesús de Nazaret, o Deus Humanado, será o que eu busque ser, e polo tanto, non o que me propoña facer, senon o que faga.
Xesús, o mestre de Nazaret, Non un mensaxeiro de Deus, é Deus que se convertiu en Palabra Viva.
Quen descubra isto ten as chaves do Reino. Mentres tanto estaremos a escuras, e sós na nosa andaina no presente e cara a eternidade.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novena a San Ildefonso